CANCELADO!. Este sábado 29 de agosto ás 22:00 verémonos na Área Recrativa A Veiga para compartirmos a proxección dunha recentísima película “María Solinha”, rodada este ano e dacabalo entre dous séculos. Dirixidia por Ignacio Vilar conta co traballo de actrices e actores como Grial Montes, Laura Míguez, Santi Prego, Mabel Rivera e Antonio Durán “Morris”. TVG e Vía Láctea Filmes están detrás desta coidada produción histórica mentres a empresa de Vilagarcía Cine na Rúa encárgase de telo todo preparado para que só teñades que sentarvos e disfrutar.
A HISTORIA: Un afamado director chega a Cangas do Morrazo para reconstruír no teatro a historia de María Solinha acusada de bruxería e queimada no século XVII. A protagonista da obra de teatro sofrirá, no século XXI, ecos da agresión que sufrira María séculos atrás.