Cine ao aire libre

Concello de Muras | Cine ao aire libre |

Este venres 19 de agosto ás 22:00 da noite, traede as palomitas de casa que temos plan! Unha comedia dirixida polo lucense Jorge Coira (aquí tedes o trailer) : a historia de Eva (Patricia de Lorenzo) e Antonio (Miguel de Lira). Parte de feitos reais da zona de Muros sobre a sala de festas O Paraíso, que funcionou entre 1972 e 1990 e que, anos máis tarde converteuse nun supermercado da cadea de orixe vasca. Un feito que, con outros nomes, repítese en moitos lugares onde cinemas e salas de festa mudaron de pel.

Seguindo con Eva e Antonio, coñécense na sala de festas 1989. Esa mesma noite Eva queda embarazada, despois casan e teñen unha filla: Alejandra (Cris Iglesias). Hoxe creceu, prefire que a chamen Álex e soña con converterse en cineasta. Despois de acabar estudos en Barcelona volve a casa para rodar un documental sobre a vida dos pais. Pero agora Eva e Antonio están divorciados, levan anos sen verse e a antiga discoteca onde se coñeceron é o “súper”.

Unha historia bonita e divertida que explora as voltas que dá a vida e as mudanzas das relacións nunha pequena comunidade da costa. É tamén a historia de alguén que non parou en sitio ningún para volver ao mesmo punto de partida.

Naceu como obra de teatro creada por Chévere en 2016. Despois de virar con ela durante tres anos, superando as 125 funcións e os 32.000 espectadores, decidiron convertela nunha longametraxe pola complicidade e o bo entendemento con Ollovivo, produtora audiovisual dirixida por Coira e Gaspar Broullón. E fixérono cun modelo de produción cinematográfica autoxestionado, sen subvencións. Vinde a vela!

O concello
Praza da Galeguidade, 4
27836 Muras
Telf: 982.500001

Saúdo do alcalde
Teléfonos de interese
Textos legais