O vindeiro LUNS 9 DE OUTUBRO ás 12:00 na CASA do MÉDICO teremos unha CHARLA E OBRADOIRO sobre enfermidades transmitidas polas carrachas -como a enfermidade de Lyme- cun médico internista do Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA). Na cita á que vos convidamos falarase de cómo previlas e das patoloxías causadas por un ácaro cada vez máis habitual na provincia de Lugo. Tamén de cando e onde son máis habituais, o protocolo para SACALAS e de como actuar unha vez que hai picada.
O noso concello en colaboración con Campus Terra USC, Xuvenciencia, Vicepresidencia. Deputación de Lugo e outras institucións e organismos participa nun proxecto que esperamos vos interese
Divulgación informal da ciencia para un rural vivo.