Chegan as nosas Festas Patronais a San Pedro e a Virxe do Cobre!

Concello de Muras | Chegan as nosas Festas Patronais a San Pedro e a Virxe do Cobre! |

TAN ESPERADAS! Comezan a partir das 21:00 do VENRES 26 cunha GRAN PAELLADA GRATIS e despois, NOITE de festa e #verbena con Orquesta Alianza.

SÁBADO 27 tras da misa das 13.00 e a procesión, toca sesión vermú coa Orquestra Suavecito. E á noite chega a gran verbena dende as 22.30 de novo con Orquestra Suavecito seguida de LOS SATÉLITES!!

Finalmente o DOMINGO 28 tras da Misa Solemne das 13.00, e a procesión volta a sesión vermú para bailar e botar unhas risas coa nosa xente desta vez acompañados do grupo JB Son.

Tamén vos deixamos enlace a este artigo de El Progreso que resume a orixe desta tradición ilustrado con fotografías da Unión Murense.

Aquí deixamos o cartaz con toda a información. Contamos con vos!!

*Organiza o Concello de Muras.

O concello
Praza da Galeguidade, 4
27836 Muras
Telf: 982.500001

Saúdo do alcalde
Teléfonos de interese
Textos legais