Muras conta cun nodo 4G na banda de 800 MHz, o que permite conexións móbiles de moi alta velocidade e mellorar a cobertura no interior dos edificios nas zonas rurais como a nosa. Este servizo utiliza a frecuencia 800 MHz que antes utilizaba a televisión dixital terrestre (TDT), polo que podería ocorrer que o sinal de TV véxase afectada por interferencias se chega a través dunha antena. Se é o caso recibiráse unha carta na casa e pode solicitarse a adaptación da antena para evitar incidencias. Non afecta a quen reciba o sinal de televisión a través de cable, fibra óptica, satélite ou Internet. Nos PDF vai toda a información que precisades ademais de que podedes consultar a web llega800.es. PDFS: triptico800 reclamacions cartaservicios