Nos próximos días activarase a rede móbil de nova xeración en Muras: 4G e 5G sobre as bandas de frecuencia de 700 e 800 MHz dos principais operdores móbiles. Mellorará a velocidade de conexión a internet, servizos de televisión, vídeo e música baixo demanda. E a cobertura interior e exterior.
Pero os servizos móbiles nestas bandas de frecuencia poden supoñer afectacións na recepción do sinal de TDT porque se utilizaban anteriormente para o servizo de televisión.
Se detectásedes algún tipo de problema na visualización das canles da TDT podedes poñervos en contacto con Llega700 a longo dos próximos 6 meses. Dade aviso e un técnico que desprazarase onde se detectou o problema para solucionalo sen custo algún.
e-mail: ayuda@llega700.es
Teléfono: 900 833 999
A páxina web con toda a información é: www.llega700.es