Charla veterinaria sobre a enfermidade hemorráxica epizoótica (EHE)

Concello de Muras | Charla veterinaria sobre a enfermidade hemorráxica epizoótica (EHE) |

A proposta do Concello de Muras e en colaboración co Gabinete Técnico-Agropecuaria Terra Cha e a empresa farmacéutico-veterinaria Vetia, organízase o vindeiro martes 30 de xaneiro ás 12:00 na Casa do Médico unha charla para falar sobre a picadura do mosquito que transmite a enfermidade hemorráxica epizoótica (EHE). Como sabedes, esta é unha enfermidade vírica non contaxiosa que afecta aos ruminantes domésticos e salvaxes, transmitida por mosquitos do xénero Culicoides. A infección polo virus da enfermidade hemorrágica epizoótica (VEHE) pode ser inapreciable en moitos animais, sobre todo nas especies menos sensibles como ovellas e cabras, pero tamén pode causar unha enfermidade mortal nunha proporción de ruminantes infectados, especialmente cervos e bovinos, como as vacas. Non afecta aos humanos.

Sergio R. Pedrouzo, do Servizo Técnico Ruminantes de Vetia, será o experto que estará canda nós 👇

Estades convidados a vir para informarvos e resolver calquera dúbida que teñades, despois da charla tomaremos uns pinchos!

O concello
Praza da Galeguidade, 4
27836 Muras
Telf: 982.500001

Saúdo do alcalde
Teléfonos de interese
Textos legais