Charla sobre sinais de enfermidades neurodexenerativas

Concello de Muras | Charla sobre sinais de enfermidades neurodexenerativas |

O vindeiro VENRES 19 de setembro os profesionais de Afalu que están cada venres na Casa do Médico falarán de cousas importantes a observar nos maiores, as significativas, e acudir ao médico para ter unha diagnose o máis cedo posible. Aprenderannos a diferenciar o que son as características PROPIAS DO ENVELLECEMENTO, o normal co paso dos anos, dos signos e síntomas do INICIO dunha DEMENCIA.

Entre eles están, por exemplo, unha perda de memoria que interrompe a vida diaria, esquecer información recénaprendida, datas ou eventos importantes. Que é sen embargo un cambio típico relacionado coa idade? Esquecer nomes ou citas, pero lembrar máis tarde.

Algunhas persoas vivindo con mudanzas na memoria por Alzheimer ou outra demencia experimentan tamén cambios na habilidade de desenvolver e seguir un plan, ou de traballar con números. Poden ter dificultade en seguir unha receita coñecida ou manexar as contas mensuais. Mentres que unha mudanza relacionada sinxelamente coa idade é cometer erros ocasionais ao manexar as contas da casa.

E outro exemplo é que persoas con Alzheimer poden ter dificultade para seguir ou participar nunha conversa. Poden deixar de falar no medio sen idea de como seguir, ou repetirse e batallar co vocabulario. Pero ter dificultade, ás veces, en atopar a palabra exacta ao falar é algo que pode pasar cos anos.

O concello
Praza da Galeguidade, 4
27836 Muras
Telf: 982.500001

Saúdo do alcalde
Teléfonos de interese
Textos legais