Charla sobre a muller como coidadora

Concello de Muras | Charla sobre a muller como coidadora |

Xunto co Observatorio da Mariña pola Igualdade e dentro do ciclo “Falemos de… ” organizamos unha charla- café na que se tratará este rol este sábado 3 de decembro ás 16:30 horas no Local Social de Muras. Con nós estará a psicóloga Juana Blanco, que traballa en Intervención Psicolóxica no Centro de Día A Concordia, en Ribadeo. Fará un percorrido pola vida das mulleres como principais provedoras de coidados, e analizará cándo podemos escoller e o que é unha obriga imposta. Tamén tratará de dotar de estratexias e recursos de autocoidado para o día a día.

cartel-observatorio-coidadora

O concello
Praza da Galeguidade, 4
27836 Muras
Telf: 982.500001

Saúdo do alcalde
Teléfonos de interese
Textos legais