O Concello de Muras en colaboración coa Dirección Xeral da Garda Civil, organiza esta charla pensada sobre todo para as persoas maiores, pero á que pode acodir quen queira. Os expertos da Garda Civil darán consellos para previr e mellorar a seguridade ante timos, furtos, roubos, maltrato….
Será o martes 9 de abril ás 18:00 no Local Social. Contamos con vervos!