Celebramos o I Gran Premio Ciclista de Muras!

Concello de Muras | Celebramos o I Gran Premio Ciclista de Muras! |

Será este SÁBADO 19 de setembro, día que no percorrerase un circuíto de 18,9 quilómetros que incluirá o Porto da Gañidoira. Na presentación, que foi diante do concello, estiveron o vicepresidente da Deputación de Lugo, Efrén Castro; o alcalde de Muras, Manuel Requeijo, e representantes do Club Ciclista Viveiro, que participan coa organización da proba xunto coa Federación de Ciclismo Galego e Vicepresidencia de Lugo. Efrén Castro dixo que precisamente un dos atractivos da competición “é un trazado moi interesante dada a súa esixencia, e pon en valor a contorna tan especial do concello e a Serra do Xistral”.

A proba, puntuable para o Campionato de Galicia de ciclismo en estrada, está aberta ás categorías femininas e ás cadete e infantil masculinas coas inscricións dispoñibles para federados ata o 16 de setembro.




O concello
Praza da Galeguidade, 4
27836 Muras
Telf: 982.500001

Saúdo do alcalde
Teléfonos de interese
Textos legais