CARREIRA SOLIDARIA PARA MELLORAR AS ESCOLAS DE NÍXER

Concello de Muras | CARREIRA SOLIDARIA PARA MELLORAR AS ESCOLAS DE NÍXER |
O CEIP Antía Cal Vázquez, dentro do programa enrédate.org, organiza por terceira vez esta carreira o 24 de marzo parte da campaña #GotasParaNiger.  Nela os colexios axudan a recadar cartos que van directos a mellorar instalacións de auga potable e condicións hixiénicas das escoliñas rurais deste país do Sahel africano. Todas as persoas que se animen a participar poden anotarse no colexio ou nas Oficinas do Concello de Muras. O recadado da vosa achega voluntaria ingresarase nunha conta do Banco Santander a beneficio de Unicef/Níxer. Haberá dous percorridos (aínda por fixar): un para os máis pequenos con saída no colexio onde daranse cita ás 12.30 tod@s @s participantes. Ao remate, comezará a dos maiores. Animádevos! Gañaremos tod@s! 🙂
O concello
Praza da Galeguidade, 4
27836 Muras
Telf: 982.500001

Saúdo do alcalde
Teléfonos de interese
Textos legais