Volve a carreira solidaria #GotasparaNixer da man do noso CEIP Antía Cal e da súa ANPA, que colabora con esta campaña de Unicef.
Actualmente só o 15% das escolas rurais de Níxer teñen auga potable. As dificultades de acceso afectan ás posibilidades de desenvolvemento de 3 millóns de nenos e nenas en idade escolar.
Levando auga ás escolas deste enorme país do Sahel logramos dous obxectivos: protexer a saúde dos estudantes e incrementar taxas de matriculación e permanencia na escola. Ademais, as fontes instaladas nos centros educativos benefician a toda a comunidade porque ofrecen un punto próximo de acceso a auga potable que as familias poden usar.
As carreiras de pingas son unha actividade deportivo-festiva na que pode participar todo o mundo. Os familiares e amigos dos participantes poden patrocinarlles, contribuíndo a reunir máis pingas. Inscríbete!
Saímos da Praza da Galeguidade este 22 de marzo ás 12:00 e percorreremos as rúas de #Muras 😉