Campionato Tae kwon-do

Concello de Muras | Campionato Tae kwon-do |

Este sábado, a Escola de Tae Kwon- Do Moo Duk Kwan (Vilalba) organiza -coa colaboración do Concello de Muras- unha competición cun formato lúdico, porque todos os deportistas recibirán unha medalla pola súa participación.

Pero ademais, á marxe desta cita na natureza -será na Área Recreativa A Veiga-, haberá obradoiros de combate organizados por idades e nivel. Os participantes deberán traer as súas proteccións persoais: peto e casco. Tamén hai programados obradoiros de exhibición de rompementos e de defensa persoa onde poderán interactuar pais con fillos, malia que está aberto a todo o mundo!

NORMAS TÉCNICAS CAMPIONATO LÚDICO PUMSE:

A competición será individual sen facer distinción de sexos e os deportistas serán agrupados segundo as seguintes categorías por idades:

PREBENXAMIN: Nados a partir do 2013 (ata seis anos)

BENXAMIN: Nados nos anos 2012 e 2011 (7 e 8 anos)

ALEVIN: Nados nos anos 2010 e 2009 (9 e 10 anos)

INFANTIL: Nados nos anos 2008 e 2007 (11 e 12 anos)

CADETE: Nados nos anos 2006 e 2005 (13 e 14 anos)

JUNIOR: Nados nos anos 2004 2003 e 2002 (15, 16, 17 anos)

ADULTOS: Farán unha competición de demostración (maiores de 18 anos)

Forma da competición: agruparanse en grupos de catro e farán liguiñas de enfrenamiento de dúas en dúas, realizando un pumse de libre elección de maneira simultánea. Usarase o formato de bandeiras para puntuar. Preferentemente deberán realizar pumse distintos en cada actuación podéndose facer kichos en caso de non saber máis dun pumse.

O concello
Praza da Galeguidade, 4
27836 Muras
Telf: 982.500001

Saúdo do alcalde
Teléfonos de interese
Textos legais
| facebook | vimeo
| youtube

Suscríbete