Campamento Nadal 2022

Concello de Muras | Campamento Nadal 2022 |

Xa podedes ir chamando ao concello e reservar praza! Dende o 23 de decembro de 2022 ate o 5 de xaneiro de 2023. De 10h a 14h. Hai de todo un pouco para pasalo ben, aprender e sobre todo divertirse:

• Xogos e dinámicas de distensión e cohesión grupal.

• Dinámicas de intelixencia emocional e habilidades sociais.

• Obradoiros manuais.

• Actividades en igualdade.

• Actividades musicais e de expresión corporal.

• Grandes xogos e ximkanas.

• Xogos predeportivos.

• Colaboracións externas.

Haberá tamén unha Festa de Nadal (coa data por determinar) para toda a rapazada, incluíndo chocolatada! Contamos con vos!

O concello
Praza da Galeguidade, 4
27836 Muras
Telf: 982.500001

Saúdo do alcalde
Teléfonos de interese
Textos legais