Poñemos en marcha un novidoso campamento de verán onde terán cabida tanto menores (entre 3 e 16 anos) como maiores (a partir de 65), financiado pola Secretaría Xeral da Igualdade.
O PRAZO de inscrición vai do 14 ao 21 de xuño, ambolos dous incluídos e a DURACIÓN do campamento abrangue xullo, agosto e setembro divididos en quincenas. Podedes apuntarvos a unha, a varias ou a todas!
Para máis información podedes dirixirvos ou chamar aos servizos sociais do Concello. Deixamos aquí a ficha de inscrición e as bases.