Campamento de Nadal

Concello de Muras | Campamento de Nadal |

Non pode faltar esta opción de ocio e xogos en boa compañía nestes días en que os cativos andan máis na casa gozando das súas merecidas vacacións. Pero unha xornada ten moitas horas, polo que dende o Concello propoñemos un campamento (gratuíto) deseñado para elas e eles. Haberá 2 monitores/as para acompañalos.

DATAS: dende o 22 de decembro ata o 7 de xaneiro (agás na xornada de Reis, o 6 de xaneiro, que é festivo).

HORARIO E LUGAR: de 10:00 a 14:00 na CASA do MÉDICO.

Para apuntarvos chamade ao concello, tedes de PRAZO ata o mércores 22 de decembro.

O concello
Praza da Galeguidade, 4
27836 Muras
Telf: 982.500001

Saúdo do alcalde
Teléfonos de interese
Textos legais