O Concello de Muras colabora na revitalización desta ruta de peregrinaxe a Compostela na que traballan a Asociación Camiño Real e a de Roteiros da Carba. Este anaco vai de Viveiro para seguir ata Vilalba e polo camiño pasa por Muras no treito Xestosa-Abelleira.
O sábado 4 de decembro ás 10:00 da mañá podedes facer este treito de 12 quilómetros cun xantar de fin de ruta en Petróleo de Roupar.
CHAMADE AO CONCELLO PARA INSCRIBIRVOS: 982 500 001.