Xunto cos concellos de Xermade, Guitiriz e Vilaba, Muras que recuperar contos e relatos dos veciños e veciñas de máis de 65 anos para manter viva a nosa transmisión oral e compartila coas novas xeracións no Día da Narración Oral, que será o 20 de marzo.
Poderíades gravar as historias na casa, ou onde escollades. Suxerimos que poñades o móbil e horizontal ,a uns 5 pasos de distancia de vós. Pedide que vos axude un fillo, un veciño, un amigo…
Cun relato curto DUNS 3 MINUTOS, abonda. E por suposto podedes enviar varios vídeos se queredes! PRAZO MÁXIMO: 18 de marzo. O ENDEREZO do ENVÍO das gravacións: estherfus@gmail.com.
Aquí adxuntamos o documento co consentimento para a publicación dos vídeos. Contamos con vos!!