Bases reguladoras para axudas a estudantes de Muras

Concello de Muras | Bases reguladoras para axudas a estudantes de Muras |

Aquí deixamos o ENLACE + o PDF co BOP de Lugo do venres 2 de outubro para que vexades beneficiarios, procedementos, cantidades…

Contía máxima:
Para libros, material complementario, transporte e aloxamento e
conexión a internet, en función das etapas educativas:
• Segundo ciclo de educación infantil ( 3 a 5 anos) : Ata 50 €
• Educación primaria (do primeiro ao sexto curso) : Ata 50 €
• Educación secundaria obrigatoria ( do primeiro ao cuarto curso): Ata 200 €
• Bacharelato (do primeiro ao segundo curso): Ata 200 €
• Alumnado matriculado nun centro de educación especial ou cun grao de discapacidade igual ou superior ao 33% : Ata 250 €. Poderá verse
incrementada se se atopan nun curso Universitario ou de Formación Profesional.
• Estudantes Universitarios e de Formación profesional:
-1.000€ se os ingresos da unidade familiar non son superiores a 3 veces o IPREM
-500€ se os ingresos da unidade familiar quedan entre 3 e 4 veces o IPREM
-350€ se os ingresos da unidade familiar superan 4 veces o IPREM
• Para todas as etapas educativas:
-100€ de axuda para a conexión a internet

O prazo de presentación de solicitudes é de vinte días naturais, contando dende o día seguinte da publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia.

O concello
Praza da Galeguidade, 4
27836 Muras
Telf: 982.500001

Saúdo do alcalde
Teléfonos de interese
Textos legais
| facebook | vimeo
| youtube

Suscríbete