Deixamos un RESUMO e o PDF do documento. Están publicadas na Sede Electrónica do concello.
REQUISITOS para participar
- Inscrición obrigatoria: Poden participar profesionais da gandería que asistan á feira, pero deben solicitar expresamente o curro e a participación no concurso. A inscrición é de balde.
- Documentación: Os animais teñen que estar debidamente documentados.
- Exclusións: Queda fóra o gando cabalar destinado en exclusiva ao deporte ou ao ocio.
- Obrigas legais: Para cobrar os premios hai que estar ao corrente das obrigas tributarias (AEAT, Atriga e Concello de Muras) e coa Seguridade Social.
PRAZOS e inscrición
- Prazo de inscrición: Ata o 22 de setembro de 2026.
- Lugar: Presentando o Anexo I no rexistro do Concello de Muras ou na súa sede electrónica.
- Listaxe de admitidos: Publicarase o 23 de setembro. O prazo para reclamar remata o 25 de setembro de 2026, día no que se publicará a listaxe definitiva.
Concurso e PREMIOS
- Data e hora: A clasificación farase a mañá do 27 de setembro de 2026 a partir das 10:30 horas.
- Xurado: Estará formado por tres técnicos veterinarios cualificados, que puntuarán os animais segundo unha táboa de parámetros.
- Pago de premios: Farase por transferencia bancaria nun prazo máximo de 10 días naturais desde o 28 de setembro. É imprescindible entregar o DNI e o certificado de titularidade bancaria do gañador.