BASES REGULADORAS do Concurso de Gando da XXXVII Feira do Poldro

Concello de Muras | BASES REGULADORAS  do Concurso de Gando da  XXXVII Feira do Poldro |

Deixamos aquí un resumo co máis importante pero ao final do texto hai un PDF para descargalas ademais de que están publicadas neste enlace do BOP da Deputación de Lugo do pasado 3 de setembro.

Os premios preséntase con seguintes obxectivos:

  • Dinamizar o sector da gandaría en Muras.
  • Promover a exposición dos animais.
  • Promover a carne criada en Muras como son a de poldro e a de vacún.
  • Promover a compra e venda de gando tanto de residentes como de visitantes.
  • Apostar pola profesionalidade do sector gandeiro, incentivando a participación e calidade dos participantes.

As vantaxes de participar para as gandarías son as seguintes:

  • Contarán con promoción gratuíta dos seus animais podendo alcanzar novos mercados.
  • Os premios reflectiranse tanto en carteis publicitarios, prensa e medios de comunicación audiovisual.
  • Os animais serán xulgados por profesionais do sector.
  • O Concello proporcionará ós participantes a inscrición gratuíta.
  • Favorecerase a compra venda, xa que os veterinarios xulgarán os mellores animais da feira.
  • Farase entrega de premios ós animais gañadores ó final da tarde.
  • Participantes: Nesta edición de premios para a exposición de gando cabalar e vacún participarán todas as persoas físicas e xurídicas que se engloben dentro do ámbito da gandería e que asistan á feira e que queiran participar no concurso para o cal teñen que solicitar expresamente curro e participación no concurso.
  • Requisitos dos participantes. Teñen que ter os animais debidamente documentados. Quedan excluídos de participación no concurso aquel gando/cabalar cuxo uso exclusivo sexa deportivo e/ ou ocio. Non poderá abonarse o premio a aqueles participantes que non se atopen ao corrente coas obrigas tributarias e seguridade social.
  • As gandarías participantes deben cubrir a solicitude do anexo I que será presentada no rexistro do Concello de Muras ou a través da sede electrónica do Concello de Muras (https://muras.sedelectronica.gal/instancia xeral) e entregala totalmente cumprimentada.

NORMAS
Os aspirantes ós premios comprométense a cumprir os seguintes requisitos:
Deberán presentar os seus animais debidamente documentados.
Os participantes que non soliciten curro no prazo de inscrición, non poderán optar a premios.
Os animais serán cualificados por veterinarios que seguirán unha táboa de parámetros (*)
Os animais gañadores recibirán o premio correspondente á súa sección. O premio será entregado mediante cheque nominativo para o cal será indispensable ter aportada copia do DNI xunto ca inscrición. A decisión do xurado será irrevogable.

O concello
Praza da Galeguidade, 4
27836 Muras
Telf: 982.500001

Saúdo do alcalde
Teléfonos de interese
Textos legais