Deixamos aquí un resumo cos requisitos e bases e o PDF para descargalas ademais de que están publicadas neste enlace do BOP da Deputación de Lugo do pasado 3 de setembro.
NA PÁXINA 11 ESTÁ O ANEXO COA FOLLA DE INSCRICIÓN E NAS PÁXINAS 12 E 13 ESTÁN OS DOCUMENTOS CO DESCARGO DE RESPONSABILIDADE MÁIS A
AUTORIZACIÓN PATERNA/MATERNA/TITOR para a participación de menores.
PRAZO E LUGAR DE INSCRICIÓN
O prazo de inscrición será desde o momento de publicación destas bases ata o 19 de setembro de 2025. Os corredores participantes deben cubrir a solicitude anexa nestas bases (no caso de menores de idade tamén autorización materna, paterna, titor/a legal) no rexistro do Concello de Muras ou ben a través da sede electrónica do Concello de Muras ( https://muras.sedelectronica.gal).
Non se admitirán inscricións posteriores ao día 19 de setembro de 2025. O día 22 de setembro publicarase na sede electrónica do Concello de Muras a listaxe de admitidos para participar nas carreiras. O prazo para realizar reclamacións á listaxe de participantes remata o día 25 de setembro de 2025 procedendo á publicación da lista definitiva o 26 de setembro de 2025.
O día da carreira os participantes deberán asinar e presentar o DOCUMENTO DE DESCARGO DE RESPONSABILIDADE, que se anexa con estas bases. A inscrición será totalmente gratuíta.
NORMAS
Os participantes teñen que ter os animais debidamente documentados no momento de presentar a inscrición de participación. A medición de corte para todas as probas do día será de 1.51m con ferraduras.
HAI 5 CARREIRAS: Andadura sub 16 + Andadura libre serrada <1,51m + Andadura chapeada <1,51m Andadura libre serrada >1,51m + Andadura chapeada >1,51m.
Os cabalos federados que dispoñan do documento que acredite a medida de menos de 1.51m non terán que medir. Deberán presentar os animais en pista equipados para a carreira, e deberán gardar a maior distancia de seguridade posible ó resto de participantes. Calquera cabalo que se desboque ou mostre indicios de poder ser un perigo na pista poderá ser eliminado da competición pola organización ou polos xuíces.
Todos os cabalos deberán ter seguro e documentación en vigor. Deberán presentar o seguro de responsabilidade civil en vigor. Cada xinete farase responsable dos danos causados polos seus animais. A organización poderá cambiar, xuntar ou anular probas se non hai suficientes cabalos.
Uso obrigatorio de casco. O mal uso da fusta ou da espora serán motivo de eliminación. a decisión do xurado será irrevogable.
DATA PROBAS
28 de Setembro. Os horarios serán publicados no taboleiro electrónico do Concello de Muras coa listaxe provisional de participantes.
XURADO E CLASIFICACIÓN
O xurado estará composto por tres membros (Brandon Freire Dopico, Isabel Casariego Vierna e Natalia Carballal Candia), que serán ademáis os encargados de organizar as carreiras.
PREMIOS

O pagamento dos premios realizarase mediante transferencia bancaria no prazo máximo de dez días naturais dende o 28 de setembro de 2025.
As presentes bases e os premios concedidos aos beneficiarios, serán publicados na plataforma da Base de Datos Nacional de Subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index), no taboleiro electrónico do Concello de Muras, Facebook de Concello de Muras e a páxina web www.muras.gal.