A festa será ESTE MARTES DE ENTROIDO, 17 de febreiro, no Local Social , dende as cinco da tarde con música en directo! Se queredes éste é o enlace á sede electrónica do Concello onde veñen as bases do concurso polo miúdo, hai premios individuais e para grupos. https://muras.sedelectronica.gal/…/bad6d1d0-af84-42fa…/

𝗩𝗔𝗟𝗢𝗥𝗔𝗥𝗔𝗦𝗘
a) A orixinalidade, estética, artes, vestiario, caracterización, creatividade e traballo na elaboración (máx. 2 puntos)
b) A utilización de materiais de refugallo (máx. 4 puntos)
c) A posta en escena, animación musical e a capacidade de interacción co público (máx. 2 puntos)
d) A conservación do Entroido tradicional (máx. 4 puntos)
e) O uso do galego, tanto oral como escrito (máx. 4 puntos)