Menores de idade (Sub-16): Precisan autorización asinada por ambos proxenitores ou titor/a legal.
Documentación obrigatoria: Os animais deben ter SEGURO de responsabilidade civil e documentación en vigor. O día da carreira débese asinar un documento de descargo de responsabilidade.
Obrigas fiscais: Para cobrar o premio, o participante debe estar ao corrente de pago coa AEAT, Atriga, Seguridade Social e o Concello de Muras.
TELÉFONO PARA DÚBIDAS: 676 663435
🐴 Categorías e Normas
Disputaranse CINCO carreiras baseadas na medición de alzada do cabalo (corte en 1,51 m con ferraduras; os cabalos federados con acreditación menor a 1,51 m non precisan medirse):
Andadura Sub-16
Andadura libre serrada (-1,51 m)
Andadura chapeada (-1,51 m)
Andadura libre serrada (+1,51 m)
Andadura chapeada (+1,51 m)
Seguridade: É obrigatorio o uso de casco. Débese gardar a maior distancia de seguridade posible.
Eliminacións: Será motivo de descalificación que o cabalo se desboque ou sexa perigoso, así como o mal uso da fusta ou da espora.
Xurado: Composto por Brandon Freire Dopico e Juan Gasalla Baamonde.
🏆 Premios
Entregaranse por TRANSFERENCIA bancaria (é indispensable achegar DNI e certificado de titularidade bancaria) nun prazo máximo de 10 DÍAS NATURAIS desde o 28 de setembro.