As solicitudes formalizaranse e presentarse no rexistro xeral do Concello.
O prazo de presentación será de vinte días naturais, contando dende o día seguinte da
publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia (LUNS 20 DE SETEMBRO).
Contía máxima: Establécense os seguintes tipos de becas para libros, material complementario, transporte e aloxamento e conexión a internet, en función das etapas educativas, dotadas coas seguintes contías: Segundo ciclo de educación infantil ( 3 a 5 anos) : Ata 50 € Educación primaria (do primeiro ao sexto curso) : Ata 50 € Educación secundaria obrigatoria ( do primeiro ao cuarto curso): Ata 200 € Bacharelato ( do primeiro ao segundo curso): Ata 200 € Alumnado matriculado nun centro de educación especial ou en unidades de educación especial ou cun grao de discapacidade igual ou superior ao 33% : Ata 250 €.
Non obstante, a contía da axuda poderá verse incrementada se estes/as alumnos/as se atopan nun curso Universitario ou de Formación Profesional. a) Estudantes Universitarios e de Formación profesional: -1.000€ si os ingresos da unidade familiar non son superiores a 3 veces o IPREM -500€ si os ingresos da unidade familiar quedan entre 3 e 4 veces o IPREM -350€ si os ingresos da unidade familiar superan 4 veces o IPREM