Este é o BANDO para pedir as AXUDAS DA LUZ. O prazo para solicitalas é dende o vindeiro día 1 ata o 28 de Febreiro.
HAI DÚAS LIÑAS: consumo doméstico ata 600 euros + PEMES ata 1500 euros.
Durante todo o mes poderase entregar a seguinte documentación:
– Solicitude da Axuda, segundo o Anexo publicado no B.O.P., xunto a fotocopia do D.N.I.
– Facturas do consumo eléctrico do ano 2022.
– Certificado da Conta Bancaria, onde se ingresará a Axuda.
– Copia da declaración do I.R.P.F. do ano 2021.
– Copia dos certificados de tódolos ingresos procedentes de Salarios, Pensións ou Subsidios procedentes do estranxeiro.
– As persoas que soliciten a Axuda, deberán aportar certificado de estar ao día das súas obrigas tributarias (AEAT, Atriga), de Seguridade social e co Concello de Muras.