Bad Man, un home malo

Concello de Muras | Bad Man, un home malo |

A Asociación de Mulleres Rurais de Muras convídavos a achegarvos mañá sábado 22 de novembro ás 20.00 ao Local Social do Concello para gozar cunha peza moi especial. Gustavo Fouce (ou Compañía Solitario do Dr. Monifate) dirixe e protagoniza un interesantísimo monólogo arredor dun home que ACEPTA E CONFESA a súa maldade despois de anos tentando converterse nunha boa persoa. Nacemos xa con tendencias cara certos comportamentos? Somos malas persoas disimulando para poder convivir? Somos bos e alguén nos perverte? Podemos prescindir da maldade?

Con aproximacións á comedia e ao monólogo (cómico?) e dende unha perspectiva filosófica con cancións e música, será un diálogo co público no que este pode responder e falar. Unha perspectiva que cuestiona a bondade do ben que facemos e,sobre todo, que fainos pensar. Esperámosvos!

Autoría, dirección e actuación: Gustavo Fouce.
Duración:
50 min.

O concello
Praza da Galeguidade, 4
27836 Muras
Telf: 982.500001

Saúdo do alcalde
Teléfonos de interese
Textos legais