As dúas ordes foron publicadas o 22 e o 27 de decembro respectivamente. Pero a que ten un prazo máis curto é a axuda para o fomento da utilización de maquinaria agrícola en réxime asociativo: ☝ o prazo remata o 19 de febreiro. Neste caso establécese un investimento elixible mínimo de 20.000 € para poder ser subvencionable. O volume total do investimento máximo subvencionable para cada beneficiario será de 250.000 € ? axudas fomento utilizacion maquinaria rexime asociativo
E no relativo a indemnizacións polo sacrificio obrigatorio de animais en execución de programas oficiais de vixiancia, loita, control e erradicación de enfermidades, hai de prazo ata o 20 de novembro deste ano ? AXUDAS SACRIFICIO OBRIGATORIO DE ANIMAIS EN PROGRAMAS DE ERRADICACION DE ENFERMIDADES