O prazo para pedir as axudas (do 100%) para podas e rareos, segundo lembra o Gabinete Técnico Agropecuario Terra Chá, remata o 07/04/2022.
Superficie mínima:
- Para propietarios particulares de xeito individual: 1 Hectárea por Couto redondo. No caso das agrupacións e Sofor, a superficie mínima de actuación será de 1 hectárea, distribuída en non máis de 3 coutos redondos por solicitude de axuda. Para o resto de solicitantes: 3 hectáreas nun ou varios coutos redondos e sempre e cando a superficie mínima de cada couto sexa de 1 hectárea
O prazo para pedir as relativas a compensacións por sacrificios remata o 30/11/2022. Son para explotacións de gando bovino, ovino e cabrún e reposición.