Xa están publicadas no DOG e o PRAZO para pedilas remata o 15 de febreiro. Concederase o 100 % do custo subvencionable, cun importe máximo de entre 20.000-12.000 euros por proxecto. Aquí tedes a información polo miúdo ➡ AXUDAS PARA RED NATURA
Son para:
a) Persoas titulares de terreos agrícolas e forestais privados que fagan investimentos non produtivos necesarios para alcanzar os compromisos adquiridos baixo programas agroambientais.
b) Concellos da Rede Natura 2000 na súa condición de xestores de elementos comúns da paisaxe agraria.
c) As asociacións ambientalistas propietarias ou arrendatarias de terras agrícolas en áreas elixibles.