AXUDAS COAS PODAS. A intensidade da axuda será do 100 %. O PRAZO PARA PEDILAS REMATA O 10 DE MARZO.
a) Liña I: axudas para realizar tratamentos silvícolas (prácticas preventivas, de carácter local e a pequena escala, que permitan crear descontinuidades verticais e horizontais da cuberta vexetal e o control selectivo de combustible, como rozas, desmestas, rareos e podas) para prevención de incendios.
b) Liña II (medida Feader 8.5): axudas para realizar tratamentos silvícolas (rareos, desmestas, podas, cortas de formación, rozas) e plantacións puntuais de determinadas árbores, directamente vinculadas ao incremento dos valores ecolóxicos dos bosques que non teñan carácter produtivo.
AXUDAS A RENOVABLES EN PRODUCIÓN AGRÍCOLA. Serán subvencionables biomasa, biogás, aerotermia, xeotermia, solar térmica, fotovoltaica, minieólica e proxectos de aforro e eficiencia enerxética. A contía será do 35 % do custo da nova instalación, cun máximo de 100.000 euros por proxecto e de 300.000 euros por empresa. O PRAZO PARA PEDILA REMATA O 15 DE MAIO.
Beneficiarios:
1. As empresas legalmente constituídas e os empresarios autónomos que teñan domicilio social ou algún centro de traballo en Galicia, incluídos no sector de produción agrícola primaria.
2. As empresas de servizos enerxéticos que xestionen total ou parcialmente instalacións consumidoras de enerxía