Axudas para universitari@s

Concello de Muras | Axudas para universitari@s |

A Xunta publicou onte 10 de xaneiro, axudas a estudantes universitarios, que por causas sobrevidas e imprevistas teñan dificultades económicas para continuar cos estudos. Os Requisitos de causas ocurridas no actual curso académico (1 de Xullo de 2021 ata 30 de Xuño de 2022) son:

1)Necesidade urxente de recursos económicos por mor de algunha dos seguintes imprevistos:
– Orfandade absoluta.- Situación de desemprego, falecemento, falta de pagamento acreditado por denuncia ou senencia de pensións alimenticias nos casos de separación ou divorcio, enfermidade grave, recoñecento de incapacidade absoluta para todo traballo dalgún dos sustentadores da unidade familiar.
– Condición de Emigrante Retornado.- Víctimas de Vioencia de Xénero.- Víctimas de violencia terrorista.- E outras circunstancias non recollidas que repercutan na situación socioeconómica familiar.

2) Estar matriculado no curso 2021/2022 en mínimo 50 créditos en calquera Universidade de Galicia.


3) Que a renda per cápita da unidade familiar non sexa superior ao importe anual da pensión non contributiva individual que establezca a Lei de Orzamentos Xerais do Estado para 2022 , multiplicada por 1,80.

4) Non ter recibido esta axuda anteriormente.


PRAZO Presentación de solicitudes: ata o vindeiro día 11 de Febreiro. Se a causa sobrevida acontece con posterioridade á publicación desta axuda, o prazo será dun mes dende que aconteceu a causa e a data límite será o 31 de Xullo de 2022. A contía da axuda variará en función da Renda per Cápita e será entre 1.750 € e 3.000 €.

Tamén publicáronse axudas a alumnado das universidades galegas para estadías nalgún Estado membro da Unión Europea durante o verán de 2022 co obxecto de coñecer a lingua dese país. A estadía será entre o 15 de Xuño e o 31 de Agosto de 2022. Os Beneficiarios serán para matriculados/as no curso académico 2021/2022 cun mínimo de 50 créditos en calquera das universidades dgalegas e ter superado 60 créditos a 30 de Setembro de 2021.

O curso debe ser PRESENCIAL, ter unha duración mínima de 3 semamas e un mínimo de 15 horas lectivas por semana. O PRAZO de presentación de solicitudes é dende o 11 de Xaneiro ao 14 de Marzo. A dotación para cada beneficiario será de 1.000 €

O concello
Praza da Galeguidade, 4
27836 Muras
Telf: 982.500001

Saúdo do alcalde
Teléfonos de interese
Textos legais