Gastos subvencionables
a) Os custos de deseño, redacción e dirección do proxecto.
b) Os custos de execución das obras e instalacións, incluíndo obra civil asociada e instalacións auxiliares necesarias.
c) O investimento en bens, equipamentos e materiais de nova adquisición.
a) Actuación
1-Mellora da eficiencia ambiental das instalacións de almacenamento exterior das dexeccións gandeiras:
a) Cobertura de balsas e outros sistemas de almacenamento de esterco que permitan unha redución de emisións de amoníaco superior ao 80 %, con respecto á técnica de referencia, de balsa de xurro descuberta e sen costra: 1º Cubertas ríxidas de formigón. 2º Cubertas ríxidas de madeira. 3º Cubertas ríxidas de TPO (poliolefina termoplástica). 4º Cubertas flexibles de lona. 5º Almacenamento en bolsa de esterco. 6º Outros sistemas de cuberta ríxida ou flexible.
b) Cubrición de balsas de esterco ou bolsas, con recuperación de metano e combustión en facho ou encaldeira na propia explotación.
b) Actuación
2-Mellora da xestión e aproveitamento dos estercos:
1º Nitrificación-desnitrificación. 2º Separación sólido-líquido. 3º Compostaxe 4º Construción de novos sistemas de almacenamento ou adaptación dos existentes ata alcanzar o tempo de almacenamento que permita un uso adecuado dos estercos.
Con carácter xeral, as actuacións, para que sexan subvencionables, terán un investimento mínimo de 10.000 euros.
Prazo solicitudes: 03/05/2022 – 04/07/2022
INFORMACIÓN: Servizo de Explotacións Agrarias de Lugo 982 29 44 59
DECRETO: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220502/AnuncioG0426-280422-0004_gl.html + PROCEDEMENTO: https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=MR406D&ano=2022&numpub=1&lang=gl