Axudas para rehabilitar vivenda no rural

Concello de Muras | Axudas para rehabilitar vivenda no rural |

Pódense pedir dende HOXE mércores 21 de xaneiro ata o 1 de setembro, ou ata que se esgote o crédito dispoñible, polo cal canto antes mellor. Lembramos que a subvención pode chegar aos 30.000 euros por vivenda, en todo casa ata o 75% do custo total das obras dirixida a propietarios ou usufructuarios de vivendas ou locais situados en concellos de menos de 5.000 veciños. No caso de locais baleiros, tamén se permite o cambio de uso a vivenda.

No enlace co DOG que recolle esta axuda da Xunta destaca como un dos principais requisitos que a vivenda rehabilitada debe destinarse a domicilio habitual e permanente. Poderá ser a residencia do propietario ou ben destinarse ao alugueiro durante un mínimo de cinco anos.

As obras inclúen: traballos de accesibilidade, conservación, habitabilidade, sustentabilidade, eficiencia enerxética, e os necesarios para previr a entrada de gas radón. Tamén os honorarios de proxectos, informes técnicos, certificados e gastos administrativos, así como gastos derivados de impostos, taxas e tributos. Esta partida conta cun orzamento inicial de 5 millóns de euros con carácter bianual, que poderá ampliarse segundo demandas.

O concello
Praza da Galeguidade, 4
27836 Muras
Telf: 982.500001

Saúdo do alcalde
Teléfonos de interese
Textos legais