Axudas para protexer dos ataques do lobo

Concello de Muras | Axudas para protexer dos ataques do lobo |

Os gandeiros de bovino, ovino, caprino, porcino da raza celta e equino incluídos no Rexistro Xeral de Explotacións Gandeiras (REGA) de Galicia terán unha pequena axuda para tentar axudar cos problemas derivados dos ataques de lobo. Un millón de euros para dúas cousas: poñer valados fixos -400.000 euros- e 570.000 euros para que as gandarías en extensivo contraten pastores.

Hai un importe máximo de 3,5 euros por metro lineal ata un máximo de 1.750 euros por valado fixo electrificado. No caso dos valados fixos con malla gandeira ou cinexética metálica, o importe máximo será de 4,5 euros por metro lineal ata un máximo de 4.500 euros.

Ao contratar pastores poderase conseguir ata o 100% dos gastos subvencionables cun importe máximo de 18.000 euros por persoa beneficiaria. Sen superar a porcentaxe anterior, a axuda máxima será de 1.500 euros por persoa e mes de pastoreo a xornada completa. No caso dunha duración inferior a un mes ou dunha dedicación inferior á xornada completa, o importe reducirase de forma proporcional.

A concesión realizarase mediante a comparación das solicitudes presentadas con criterios de valoración como o tipo de gando, a existencia na explotación de cans protectores, que haxa constancia de danos do lobo, o número de cabezas afectadas e a superficie declarada na PAC de 2024.

O concello
Praza da Galeguidade, 4
27836 Muras
Telf: 982.500001

Saúdo do alcalde
Teléfonos de interese
Textos legais