Axudas para o sector agrogandeiro

Concello de Muras | Axudas para o sector agrogandeiro |

Para calquera dúbida ou ampliar información podedes chamar ao Servizo de Explotacións Agrarias de Lugo 982 29 44 59 do GABINETE TÉCNICO AGROPECUARIO TERRA CHÁ.

TRANSFORMACIÓN E MODERNIZACIÓN DE INVERNADOIROS

Gastos subvencionables Serán actuacións subvencionables as relacionadas a continuación: 

a) Actuación 1-Transformación integral: a transformación integral do invernadoiro consistirá na  demolición dun invernadoiro preexistente e a súa substitución por outro invernadoiro que cumpra as  características mínimas e a realización dunha ou varias dos investimentos elixibles. 

b) Actuación 2-Modernización: consistirá na realización dun ou varios dos investimentos elixibles, nun  invernadoiro preexistente, debendo reunir o invernadoiro resultante polo menos as características  mínimas.  

Contía das subvencións

Para os investimentos de tipo produtivo: Límite máximo: 40 % do custo elixible. Para os investimentos de tipo non produtivo: Límite máximo: 65 % do custo elixible 

Estes límites poderán incrementarse en 20 puntos porcentuais, no caso dos investimentos  colectivos ou de investimentos cuxos beneficiarios teñan a condición de novos agricultores 

Con carácter xeral, para que sexan subvencionables as actuacións deberán cumprir os seguintes  requisitos de investimento mínimo: a) Para a actuación 1-Transformación integral: 160.000  euros/hectárea b) Para a actuación 2-Modernización: 100.000 euros/hectárea 

Prazo solicitudes: 03/05/2022 – 04/07/2022 

INVESTIMENTOS ELIXIBLES: 

Para os produtores de hortalizas ou flor cortada ou planta ornamental: 

a) Instalación dun sistema de dobre porta. b) Instalación dun sistema de dobre teito. c) A implantación  dun sistema automatizado de ventilación cenital en todos os módulos e lateral en todo o perímetro. d) A  instalación de pantallas térmicas/de asombrado que funcionen de maneira automática segundo a  temperatura e a radiación. e) A instalación de sistemas de humidificación automática. f) A instalación de  nebulizadores. g) A instalación de destratificadores. h) A instalación de iluminación. i) Instalación de  sistemas de fertilización carbónica (sistemas de recuperación de gases en inxección de sistemas de CO2  puros). j) A instalación dun sistema de refrixeración cooling ou fog system con ventiladores recirculadores k) A instalación dun sistema de calefacción por auga. l) A instalación dun sistema automatizado de rega  por goteo ou de fertirrigación. m) A instalación de material de cuberta: plástico ríxido (policarbonato) e  vidro. 

Para os produtores de flor cortada ou planta ornamental

a) A instalación de mesas. b) A instalación de máquinas sementadoras, endredoras de testos e  mesturadoras de substratos. d) A instalación dunha planta de compostaxe na explotación dos socios ou  en terreo da entidade asociativa, de ser ocaso. e) A instalación de sensores de rega. f) A instalación de  sensores de análises de nutrientes. g) A instalación de sensores de lumínicos. h) A instalación de sensores  de humidade. i) A instalación de sensores de variables atmosféricas. j) A instalación de enerxías renovables  cuxo fin sexa cubrir as necesidades enerxéticas da explotación. k) Para cultivo en hidroponía: instalación  de sistemas de recollida, desinfección, almacenaxe e recirculación da auga de drenaxe. 

AXUDAS Á AGRICULTURA DE PRECISIÓN

Prazo solicitudes:   03/05/2022 – 04/07/2022

Contía das subvencións

A Intensidade máxima de axuda será de 40% dos custes elexibles. Este límite poderá incrementarase en 20 puntos, no caso de investimentos colectivos, os dos consorcios e outra forma de colaboracion público-privada, e os que teñan a condición de novos agricultores. Contía MÁXIMA DA AXUDA SERÁ DE 300 000 EUROS

Gastos subvencionables  

a) Os custos da avaliación.  En ningún caso se admitirá que tales gastos superen o 4 % do importe da axuda solicitada, cun límite de 10.000 euros por expediente.

b) A adquisición de licenzas de software, maquinaria e equipamentos agrarios incluídos na seguinte listaxe:

INVESTIMENTOS EN EFICIENCIA ENERXÉTICA E ENERXÍAS RENOVABLES

Gastos subvencionables  

a) Actuación 1-Mellora da eficiencia enerxética en edificios, naves e instalacións auxiliares das explotacións agrícolas e gandeiras..

a) Instalación de sistemas de illamento, de recirculación do aire e sistemas de climatización e ventilación.

b) Instalación de sistemas de control e medición para optimizar o uso enerxético.

c) Substitución de caldeiras obsoletas ou alimentadas por combustibles fósiles (gas, gasóleo, fuel óleo) por caldeiras de biomasa. Non se considerará elixible a substitución dun xerador térmico por outro que utilice combustible de orixe fósil.

d) Substitución de caldeiras obsoletas de biomasa por outras máis modernas e eficientes, tamén de biomasa.

e) Investimentos específicos en eficiencia enerxética de naves gandeiras, entre outros, variadores de velocidade en bombas sen carga de sistemas de muxidura; sistemas de prearrefriamento de leite; sistemas de recuperación de enerxía.

b) Actuación 2-Valorización enerxética de estercos e de biomasa agrícola:

1º Investimentos en plantas de biogás de pequena capacidade.

2º Medidas en materia de xestión de biomasa agrícola con destino final enerxético.

As axudas dirixiranse á adquisición de maquinaria, destinada á provisión e acondicionamento de biomasa agrícola, así como á construción de centros loxísticos e investimentos en estruturas de almacenamento desta, para o seu uso final en aplicacións de alta eficiencia enerxética, entendendo como tal:

– As que, en xeración de calor, teñan unha eficiencia maior do 80 %.

– As que, en xeración eléctrica, teñan unha eficiencia maior do 55 %.

– As que, en sistemas mixtos como a coxeración, teñan unha eficiencia maior do 80 %.

Serán investimentos elixibles no marco da actuación 2 os relacionados a continuación, con carácter limitativo:

a) Instalación de plantas de biogás de baixa capacidade cuxo fin sexa cubrir as necesidades enerxéticas da explotación ou grupo de explotacións.

b) Adquisición de maquinaria para a xestión e provisión de biomasa agrícola con destino enerxético.

c) Adquisición de maquinaria para a redución de tamaño de biomasa agrícola con destino enerxético.

d) Adquisición de maquinaria para a homoxeneización, cribaxe e acondicionamento de produtos triturados procedentes de biomasa agrícola.

e) Construción de centros loxísticos e investimentos en estruturas de almacenamento de uso colectivo de biomasa agrícola con destino final enerxético.

investimento mínimo:

a) Para a actuación 1: 10.000 euros/proxecto de investimento.

b) Para a actuación 2: 15.000 euros/proxecto de investimento

Contía das subvencións

a) Para os investimentos correspondentes á actuación 1: Límite máximo: 30 % do custo elixible.

b) Para os investimentos correspondentes á actuación 2: Límite máximo: 45 % do custo elixible.

Prazo solicitudes:   03/05/2022 – 04/07/2022

O concello
Praza da Galeguidade, 4
27836 Muras
Telf: 982.500001

Saúdo do alcalde
Teléfonos de interese
Textos legais