Axudas para mercar vivenda en concellos pequenos

Concello de Muras | Axudas para mercar vivenda en concellos pequenos |

Premendo aquí están bases reguladoras  das axudas do Plan Estatal de Vivenda 2018-2021. PRAZO DE SOLICITUDE: ata o 16/11/2018.

Beneficiarios:

  • Persoas Maiores de idade e menores de 35 anos.
  • Nacionalidade española ou residencia legal en España
  • Ingresos anuais da unidade de convivencia iguais ou inferiores a 3 veces o IPREM.
  • Adquirir vivenda nun concello de menos de 5000 habitantes.
  • Que o prezo da vivenda e anexos sexa inferior a 100.000 €.
  • A vivenda xa ten que estar construída (nova ou usada).
  • Que o/a solicitante non sexa propietario/a ou usufrutuario dalgunha vivenda.
  • Contía da axuda: ata 10.800 € por vivenda, co límite do 20% do prezo (sen incluír gastos e tributos). Poderán ser obxecto da subvención vivendas mercadas con posterioridade ao 1 de xaneiro de 2.018.

O concello
Praza da Galeguidade, 4
27836 Muras
Telf: 982.500001

Saúdo do alcalde
Teléfonos de interese
Textos legais