A contía: Ata un 20% do prezo de compra ou do custo de autopromoción-construción (máximo 15.000 € por vivenda).
Prezo máximo: O custo do inmoble ou da construción non pode superar os 250.000 €.
PRAZO SOLICITUDE: Do 27 de agosto ao 16 de novembro de 2026 ás 14.00 ou ata que remate o orzamento.
Requisitos: Ter menos de 36 anos, non ter outra vivenda en propiedade en España e destinala a residencia habitual durante un mínimo de 5 anos.
Límite de ingresos: os ingresos anuais de toda a unidade de convivencia deben ser Iguais ou inferiores a 4,5 veces o IPREM, tamén cómpre estar ao corrente das obrigacións tributarias (estatais e autonómicas) e coa Seguridade Social, así como non ter débedas pendentes coa Comunidade Autónoma de Galicia.
Axudas acumulables.
Estas achegas son 100% compatibles cos avais da Xunta, que cobren ata o 20% da hipoteca para que as entidades bancarias concedan o financiamento completo (prazo aberto ata o 30 de outubro, cun fondo total de 5M€).