Podédelas ver polo miúdo no BOP do 7 de setembro, páxina 6. Aí están publicadas a bases reguladoras da convocatoria para o curso 2019-2020.
O Concello de Muras crea un fondo de subvencións en concepto de becas a familias do municipio para garantir oportunidades compensando as desigualdades económicas.
Hai becas coas seguintes finalidades: Compra de libros e material didáctico para alumnos/as de Educación Infantil, Primaria e Secundaria, Educación Especial, Bacharelato, Formación Profesional e estudos universitarios + Gastos de alugueiro e transporte para alumnos de Bacharelato, FP e universitarios.
PRAZO PARA PEDILAS: REMATA O 27 DE SETEMBRO