Son cartos para: Tratamento de paredes medianeiras vistas. Revestimento e pintado de fachadas actualmente rematadas en ladrillo cerámico ou bloque de formigón sen revestir. Renovación do acabamento exterior das fachadas de edificacións (paramentos e carpintarías). Remate exterior de cubertas realizadas con pranchas de fibrocemento con tella cerámica ou de lousa. |
Acondicionamento e mellora de peches de predios de gran dimensión (altura superior a 1,50 metros), coa substitución de muros opacos por solucións diáfanas ou sebes vexetais. Revestimento de muros de cerramento de predios realizados con bloques de formigón, con fábrica de pedra semellante á cachotaría tradicional. Substitución de celosías prefabricadas de cerámica ou formigón en cerramentos por solucións diáfanas ou sebes vexetais. |
O importe da subvención será do 70 % do orzamento do investimento
subvencionable, co límite máximo de 3.000 €. PRAZO para pedilas: ata o 31/05/2021
INFORMACIÓN: Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda Instituto de Estudos do Territorio (IET) Teléfono: 981 54 17 55.