Axudas para actividades non agrícolas e por sacrificio de animais

Concello de Muras | Axudas para actividades non agrícolas e por sacrificio de animais |

? Xa están publicadas as axudas destinadas a crear empresas para actividades non agrícolas en zonas rurais, cofinanciadas polo Feader no marco do Programa de Desenvolvemento Rural (PDR) de Galicia 2014-2020. Aquí tedes a información ? AXUDAS ACTIVIDADES NON AGRARIAS 2019 IGAPE

Serán subvencionables:

a) Obradoiros e fábricas de produción de bens e materiais.

b) Transformación ou comercialización de produtos agrarios, cando o produto final non estea no anexo I do Tratado de funcionamento da UE (TFUE).

c) Servizos en calquera sector (agricultura, silvicultura, sector industrial e de servizos…).

d) Servizos sociais (gardarías, coidado de anciáns, de persoas con discapacidade, granxas escola…).

e) Actividades de lecer, recreativas e deportivas.

f) Artesanía e actividades artesanais.

g) Actividades baseadas nas TIC, innovación e comercio electrónico.

h) Actividades de enxeñaría, arquitectura, servizos técnicos, limpeza industrial, contabilidade e veterinaria.

i) Comercio de produtos non incluídos no anexo I do TFUE.

j) Novos restaurantes situados en construcións patrimoniais senlleiras (pazos, patrimonio industrial, pallozas, faros…) e que vaian ofertar gastronomía galega tradicional.

 ?Tamén está publicada  a orde de CONCESIÓN de INDEMNIZACIÓNS polo sacrificio obrigatorio de animais no marco de programas oficiais de vixilancia, loita, control ou erradicación de enfermidades animais, e pola morte no contexto das medidas sanitarias impostas pola autoridade. PRAZO: ATA 29/11/2019 ? axudas sacrificio 2019

 

O concello
Praza da Galeguidade, 4
27836 Muras
Telf: 982.500001

Saúdo do alcalde
Teléfonos de interese
Textos legais