Axudas para a recuperación de terras

Concello de Muras | Axudas para a recuperación de terras |
Para ser beneficiario desta liña da Deputación de Lugo o solicitante debe dispoñer dunha superficie mínima de 1 Ha para a súa posta en produción, podendo ser nunha única parcela, varias ou parte dunha de maior superficie, pero respectando sempre o mínimo esixido. A superficie a incorporar pode ser en concepto de propiedade, aluguer, cesión ou calquera outro instrumento xurídico que confira o dereito de uso do ben.

Os beneficiarios deberán comprometerse a ter en produción ou funcionamento o ben para o que se lle concede a subvención por un período mínimo de cinco anos. O máximo da axuda chega ata os 9.000 euros.
Premendo aquí tedes o enlace oficial.

PRAZO PARA PEDILAS: ATA O 07/06/2019.
O concello
Praza da Galeguidade, 4
27836 Muras
Telf: 982.500001

Saúdo do alcalde
Teléfonos de interese
Textos legais