Axudas PAC e accesibilidade vivendas

Concello de Muras | Axudas PAC e accesibilidade vivendas |

Na presente campaña 2022 e para poder abonar a os gandeiros o pago do ANTICIPO respecto aos sub-rexímenes de axuda, o FEGA verificou de MANEIRA PROVISIONAL, e fixa os seguintes importes unitarios provisionais 👇

👇👇 E aquí deixamos información sobre as AXUDAS Á INSTALACIÓN DE ASCENSORES salvaescaleiras, ramplas, automatismos para a apertura de portas…. e calquera medida de accesibilidade que facilite a autonomía e a vida de persoas con mobilidade reducida.

CONTÍAS MÁXIMAS

a) 12.500 euros por vivenda unifamiliar illadas ou agrupada en fila.

b) 9.000 euros por vivenda e 90 euros por metro cadrado para actuacións en edificios de vivendas de tipoloxía residencial colectiva.

c) 6.000 euros por vivenda para actuacións en vivendas situadas en edificios de tipoloxía residencial colectiva.

Estas axudas poderán incrementarse ata 15.000 euros por vivenda se reside unha persoa con discapacidade e ata 18.000 euros por vivenda se esta acredita un grao de discapacidade recoñecido igual ou superior ao 33 %.

O límite das axudas establecido nas letras a), b) e c) poderá ser incrementado en 3.000 euros máis por vivenda en edificios ou vivendas declaradas ben de interese cultural. Tedes todo no documento adxunto para descargar.

PRAZO PARA PEDILAS: ATA O 7 DE NOVEMBRO

INFORMACIÓN: Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS)       Tfno: 881 04 58 97

Tfno LUGO   982 29 46 02    Email: igvs.lugo@xunta.gal

O concello
Praza da Galeguidade, 4
27836 Muras
Telf: 982.500001

Saúdo do alcalde
Teléfonos de interese
Textos legais