Axudas enerxéticas a comercio e hostalería

Concello de Muras | Axudas enerxéticas a comercio e hostalería |

Aberta a convocatoria para pedir SUBVENCIÓNS de PROXECTOS DE MELLORA ENERXÉTICA de AUTÓNOMOS e PEMES con actividade no COMERCIO, HOSTALERÍA e ARTISTICO-RECREATIVAS. PROGRAMA BONO ENERXÍA PEME do INEGA.

PRAZOS: Desde o 14 de abril de 2021 ás 9:00 h ata 30 de xuño de 2021.Establécese unha axuda máxima de 6.000 euros por solicitude. O investimento mínimo para que a actuación sexa subvencionable debe ser de 1.000 euros, sen incluír o IVE.
O importe total das axuda concedidas a unha única empresa non excederá de 200.000 euros.

Son proxectos subvencionables os investimentos en equipos ou elementos que contribúan a unha xestión enerxética eficiente incluídos:
a) Bono envolvente: elementos de control solar (toldos ou láminas de control solar e térmico. Só serán subvencionables toldos de cor branca e negro e variantes destas cores).
b) Bono iluminación: renovación de equipos de iluminación interior ou exterior, incluídos rótulos e escaparates.
c) Bono instalacións eléctricas: renovación de transformadores, incorporación ou renovación de sistemas de alimentación ininterrompida, compensación de enerxía reactiva e instalación de filtros economizadores.
d) Bono equipamento: renovación de cafeteras, lavalouzas, lavadoras, secadoras, ferros, vending, mobles frigoríficos, autoservizo e calquera equipo do establecemento sempre que se poida acreditar cualificación enerxética B ou superior.
e) Bono climatización: equipos que permitan reducir o consumo de climatización, ventilación e auga quente sanitaria. Esta medida contempla exclusivamente as instalacións fixas con potencia superior a 5 kW.
f) Bono inmótica: sistemas domóticosou inmóticos que permitan xestionar a enerxía e o gasto enerxético.

O concello
Praza da Galeguidade, 4
27836 Muras
Telf: 982.500001

Saúdo do alcalde
Teléfonos de interese
Textos legais