Pasamos a ORDE do 12 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para accións silvícolas de prevención para o ano 2018 ? RESUMO AXUDAS
BENEFICIARI@S:
1. Persoas titulares dos terreos, tanto propietarios como arrendatarios ou xestores. Non se admite a cesión por parte do propietario do terreo a un terceiro.
2. As Sofor, os propietarios particulares de forma individual, as asociacións e agrupacións de propietarios particulares inscritas no Rexistro de Asociacións da Xunta, as cooperativas agrarias, os pro indivisos, os montes de varas, abertais, de voces e fabeo, as comunidades de bens, as entidades locais, outras persoas xurídicas e as comunidades de montes veciñais en man común que cumpran o establecido no punto 1.
IMPORTE DA AXUDA. Ata o 100 %
PRAZO DE SOLICITUDE. Ata o 19/02/2018
PRAZO DE XUSTIFICACIÓN. Ata 15/03/2019