Axudas de interese

Concello de Muras | Axudas de interese |

Deixamos aquí información sobre tres convocatorias seleccionadas polo concello polo seu interese para veciñas e veciños de Muras.

  1. ORDE do 28 de novembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para paliar os danos producidos polo lobo dende o 1 de outubro de 2018 ata o 30 de setembro de 2019. PRAZO DE SOLICITUDE: 45 días naturais dende o aviso ao 012 (agás os comunicados entre o 01 de outubro de 2018 e a entrada en vigor desta convocatoria que teran 45 naturais). PDF axudas dano do lobo

    2. ORDE do 7 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para paliar os danos producidos polo xabaril nos cultivos agrícolas dende o 1 de xaneiro de 2019 ata o 10 de outubro de 2019. Hai que comunicar o dano ao 012 no prazo máximo de 72 horas seguintes ao dano. IMPORTE: Máximo por persoa e ano 1.650 €. PDF axudas dano do xabarin.

    3. ORDE do 17 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras de subvencións para 2019 á asociacións de veciños, comunidades de usuarios de augas e asociacións de mulleres rurais de Galicia. Os cartos son para  investimentos de obra e equipamentos en inmobles da súa titularidade ou dos que lles corresponda o dereito de uso, camiños veciñais e traídas de auga. A axuda ten un límite máximo por entidade de 12.000 euros para obras e de 5.000 euros para equipamentos. PDF AXUDAS USUARIOS AUGA E ASOC, VECIn. E MULLERES RURAIS 2019

O concello
Praza da Galeguidade, 4
27836 Muras
Telf: 982.500001

Saúdo do alcalde
Teléfonos de interese
Textos legais