Axudas da luz do ano 2025

Concello de Muras | Axudas da luz do ano 2025 |

O xoves 1 de ABRIL abre o PRAZO para que veciños e pequenas e medianas empresas de Muras pidan a axuda cos pagos das facturas do ano anterior. Lembramos que hai DÚAS LIÑAS que este ano aumentan na súa contía:

Durante TODO O MES DE ABRIL poderase entregar a seguinte documentación no rexistro do concello ou na sede electrónica municipal:
– Solicitude da axuda, segundo o Anexo publicado no B.O.P da Deputación de Lugo + o D.N.I. da persoa solicitante.
– Facturas de consumo eléctrico do ano 2025.
– Certificado da Conta Bancaria onde será ingresda a axuda.
– Copia da declaración do I.R.P.F. do ano 2024.
– Certificados de Salarios, Pensións ou Subsidios procedentes do estranxeiro.
– E finalmente certificado de estar ao día coa obrigas tributarias (AEAT, Atriga), coa Seguridade Social e co Concello de Muras.

*As bases están publicadas no anexo do BOP da Deputación de Lugo do sábado 21 de marzo, páxina 5, e na sede electrónica do Concello de Muras, o bando da alcaldía.

O concello
Praza da Galeguidade, 4
27836 Muras
Telf: 982.500001

Saúdo do alcalde
Teléfonos de interese
Textos legais