O xoves 1 de AGOSTO de 2024 abre o PRAZO para que veciños e pequenas e medianas empresas de Muras pidan a AXUDA cos pagos da FACTURA DA LUZ correspondentes a 2023. Lembramos QUE HAI DÚAS LIÑAS:
Para recibo DOMÉSTICO: tope 600 EUROS + Para PEMES: tope 1500 EUROS. As BASES están PUBLICADAS NO BOP DO 30 DE XULLO https://deputacionlugo.gal/…/inline…/30-07-2024.pdf…
Durante todo o mes poderase entregar a seguinte documentación:
– Solicitude da axuda, segundo o Anexo publicado no B.O.P da Deputación de Lugo xunto a fotocopia do D.N.I.
– Facturas do consumo eléctrico 2023.
– Certificado da Conta Bancaria onde se ingresará a axuda.
– Copia da declaración do I.R.P.F. de 2022.
– Copia dos certificados de tódolos ingresos procedentes de Salarios, Pensións ou Subsidios do estranxeiro.
– Certificado de estar ao día de obrigas tributarias (AEAT, Atriga), de Seguridade social e co Concello de Muras (ou ben autorizar ao concello para obter ditos certificados).
