Abaixo deixamos un resumo cos importes máximos subvencionables tanto para propietarios como para arrendatarios. O prazo remata o 18 de febreiro. Aquí tedes o anuncio completo cos detalles ? AXUDAS PLANTACIONS FORESTAIS
a) Gastos de plantación forestal e de área de defensa contra incendios forestais.
O importe máximo do investimento en euros por hectárea será de 1.853 euros en especies coníferas, e de 2.398 euros en especies frondosas.
b) Infraestruturas de acompañamento, obras complementarias e cartel das novas forestacións.
c) Tamén se subvencionarán os honorarios de redación de proxecto, logo de solicitude, e naqueles casos onde é obrigatoria a presentación.